Asociacións
Formación
Os profesionais e directivos das entidades que conforman Federación ASPACE-Galicia contan con necesidades formativas, retos e obxetivos comúns. Encargámonos de organizar actividades formativas, de reflexión ou para compartir boas prácticas entre os diversos profesionais.
Entre as últimas accións destacamos:
Xornada sobre alimentación: profesionais de ASPACE-Galicia fórmanse en mellorar a seguridade e a eficacia da alimentación nas persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia, dificultade de deglución.
Encontro de profesionais: reunión para evaluar o traballo de Federación e definir as líneas de traballo prioritarias.
Proxecto TALENTO ASPACE: encontro para compartir coñecementos en canto aos modelos de intervención con persoas con parálise cerebral. A iniciativa conta co apoio de Confederación ASPACE.
Grupos de traballo: Anualmente, Federación ASPACE-Galicia en coordinación coas súas entidades membro pón en marcha grupos de traballo que dan resposta ás necesidades detectadas. Nos últimos anos traballamos en Comunicación Externa, Alimentación Segura e Eficaz, Atención Temperá…
Recursos
Federación ASPACE-Galicia traballa para obter recursos humáns, materias e económicos que apoien o traballo diario das entidades membro.
Contratación de persoal de apoio: apoiamos a contratación de persoal complementario e de apoio para as asociacións membro de Federación a través de diferentes convocatorias de subvencións.
Xestionamos recursos económicos para a xestión de proxectos transversais que se realizan nas entidades ASPACE de Galicia: Respiro de Familias, Ocio e Conciliación, Atención Temperá, Atención a Familias…
Incidencia
Federación ASPACE-Galicia representa ao colectivo das persoas con parálise cerebral, as súas familias e ás asociacións membro, ante a sociedade e as administracións públicas, na defensa dos seus dereitos e reivindicacións.
Somos conscientes de cá unión do colectivo na reivindicación das súas necesidades e demandas, dota ás entidades de maior forza e repercusión.
Anualmente definimos as principales demandas do colectivo en relación ás necesidades detectadas e trasladámo-las aos diferentes responsables políticos con competencias na materia.
Traballamos de forma activa e coordinada coas diferentes administracións para poder dar respostas efectivas ás necesidades detectadas.
Ademais:
Somos miembros do CERMI Galicia.
Participamos no Consello Asesor do Paciente de la Consellería de Sanidade.
Pertenecemos á Confederación ASPACE.
Axudas e subvencións
Enlaces de interese
- Finalizan as sesións da nosa formación “Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral”
- Comezan as accións de formación sobre alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral
- III Encontro de profesionais ASPACE Galicia
- 15 profesionais de entidades ASPACE de Galicia e Alicante participan no Programa TALENTO ASPACE
- CERMI Galicia e A Xunta se alían para potenciar a inserción laboral das persoas con discapacidade en Galicia
- Entidades socias da discapacidade reciben unha axuda extraordinaria para afrontar a impacto económico do novo convenio de centros de atención a persoas con discapacidade
- Confederación ASPACE presenta as reivindicacións das persoas con parálise cerebral ao novo goberno
Que máis facemos en ASPACE-Galicia?