Federación Aspace Galicia recibirá 89.250 euros para desenvolver as súas actividades
Con estes fondos tamén se organizan desde Federación Aspace Galicia actividades de información e sensibilización como poden ser a Conmemoración do Día Mundial da Parálise Cerebral ou o Concurso Anual de Cociña. Sen deixar de lado os proxectos de carácter formativo, organizativo e profesional.
No acto estiveron presentes todas as asociacións asinantes (Down Galicia, COGAMI, Fademga – Plena Inclusión Galicia, FEAFES Galicia, Autismo Galicia, FAXPG, Federación Alzhéimer Galicia e Fegadace) así como a conselleira Fabiola García que aproveitou para lembrar que todos podemos sumar co noso 0.7 % na declaración da renda, un simple xesto que supón unha gran repercusión na capacidade de resposta e axuda de todas os colectivos que traballan para a mellora na calidade de vida de persoas que por calquera motivo teñen limitada a súa autonomía persoal.