Este mércores foron as VII Xornadas de formación de directivos dos Departamentos de Orientación

As xornadas sobre o asesoramento para un proxecto inclusivo do Centro organizadas pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Rede de Formación, tiveron lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo, Pontevedra.O evento estivo enfocado ás direccións e ás xefaturas dos departamentos de orientación dos centros educativos.

Un dos obxectivos foi amosar a labor das diversas entidades cara á atención á diversidade. Tivo lugar unha mesa redonda que levou por título “Redes de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro”, na que se deu a coñecer as actuación de apoio que se levan a cabo en cada asociación co seu alumnado. Dende Amencer-ASPACE participou Begoña Ruibal, Directora do Centro Educativo Amencer-Lourizán.

A continuación, nos stands durante o coffe-work  as entidades ofreceron información aos participantes das xornadas. Estiveron presentes Federación ASPACE-Galicia e Apamp Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral. Máis información sobre a Educación inclusiva en ASPACE-Galicia, no díptico informativo ASPACE.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp