Autoría da imaxe: Xunta de Galicia

Representantes de APAMP, ASPACE Coruña e Amencer participaron onte na xuntanza coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto con varias entidades sociais de atención á diversidade en Galicia co obxetivo de abordar accións encamiñadas á inclusión educativa do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

Segundo informa a Xunta, o conselleiro Román Rodríguez, explicou que a nivel estatal para acadar un Pacto social e político pola Educación, se está traballando na introdución de itinerarios ou currículos flexibles para os alumnos con maiores necesidades educativas ou con situacións sociofamiliares complexas. A maiores, remarcou que o seguinte paso é blindar a certificación de competencias destes alumnos para que exista un procedemento regrado que lle otorgue valor á formación que reciben. En Galicia, os datos demostraron que se trata da comunidade autónoma co ensino máis inclusivo, pois máis do 91% do alumnado con NEE integrado en réxime ordinario, é atendido por máis de 4.000 profesionais.

Na reunión de onte analizouse o traballo en común desenvolvido nos últimos meses a favor da atención á diversidade e a inclusión no sistema educativo en Galicia, comunidade que conta cun Decreto de Atención á Diversidade con diferentes protocolos especializados (en autismo, atención temperá ou domiciliaria, TDAH…) Por outra banda, planteouse conseguir un sistema de traballo en rede coas entidades de atención á diversidade creando un espazo colaborativo na Aula virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación).

Actualmente, 73 centros con Plan de Formación Permanente teñen un Plan con liña específica en atención á diversidade. En Galicia rexistráronse máis de 2.100 especialistas en Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe, uns 800 orientadores, 640 coidadores e 250 profesores de apoio.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp