[rgpd-header-scripts] APAMP- Vigo xa ten tosta gañadora no concurso ‘En ASPACE cociñamos xuntos’ - Federación Aspace Galicia
Skip to content

APAMP- Vigo xa ten tosta gañadora no concurso ‘En ASPACE cociñamos xuntos’

‘Fillo da Terra’ de Laura Quintana, Emilio Estévez e Rocío Ben foi a tosta vencedora desta terceira semifinal

       APAMP- Vigo celebrou esta mañá, no Centro Social de Afundación, a terceira eliminatoria do concurso ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’, unha divertida iniciativa gastronómica organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral). Un total de oito equipos, compostos por unha persoa con parálise cerebral acompañada de un familiar ou un profesional da entidade, enfrontáronse por conseguir unha praza na gran final e facerse con premio á mellor tosta ASPACE da nosa comunidade autónoma, elaborada con produtos típicos do outono como as castañas, cogomelos ou cabaza.

  Nesta ocasión foi a tosta elaborada por Laura Quintana, Emilio Estévez e Rocío Ben a vencedora. O seu nome: ‘Fillo da Terra’ e os seus ingredientes: cogumelos,, xamón, allo, cebola e viño branco, entre outros. Como nas anteriores semifinais de Pontevedra e Sada, Conservas La Pureza premiou ós vencedores cun lote de produtos. Esta semifinal contou cun xurado de excepción. Alberto G. Prelcic, cociñeiro membro do Grupo Nove e gañador dunha Estrella Michelín; Carmen Albo de ‘Guisándome la vida’ e Andrés Pereiro de O Bodegón de Vigo.

A gran final do concurso ‘En ASPACE cociñamos xuntos’, terá lugar o vindeiro 10 de novembro en Vigo. Alí competirán por facerse co título á mellor tosta as parellas vencedoras destas tres semifinais. Por Amencer- ASPACE de Pontevedra, Mª Carmen e Hugo coa ‘Tosta ENM’; Yago Rodríguez e Jacinto Creo con ‘Galopín’ representarán a ASPACE- Coruña e finalmente ‘Fillo da Terra’, de Laura Quintana, Emilio Estévez e Rocío Ben, será a aposta de APAMP- Vigo.

Colaboran nesta iniciativa doando produtos as empresas Aceites Abril, Hifas da Terra, Trastrigo Obrador, Akane Frutería, Conservas La Pureza e D.O. Ribeiro.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp
Resumen de privacidad

As cookies utilizadas clasifícanse como necesarias, cando se almacenan no seu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas e de seguridade do sitio web e as cookies de terceiros, que nos axudan a analizar e comprender como se utiliza este sitio web, para fins estatísticos, medir as visitas ao sitio web e a súa orixe, etc., así como elaborar estatísticas e análises de perfís individualizados para poder ofrecerlle publicidade personalizada. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento, polo que tes a opción de desactivar estas cookies.

Ten en conta que desactivar algunhas destas cookies pode ter efectos na túa experiencia de navegación.