Esta mañá, a asociación APAMP ( Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) en Vigo celebrou a terceira eliminatoria do concurso ‘En ASPACE Cocinamos Juntos’ organizado por Federación ASPACE-Galicia

Yoha Pérez e Sergio Viudez foron os gañadores coa súa filloa “Dulcinea”.  Nas instalacións do Centro Residencial en Navia, un total de nove equipos formados por unha persoa con parálise cerebral acompañada dun familiar o un profesional da entidade enfrentáronse por conseguir chegar á gran final e facerse co premio á mellor filloa ASPACE.

Esta semifinal contou cun xurado formado por Alberto G. Prelcic, cociñeiro membro do Grupo Nove e gañador dunha Estrella Michelín; Daniel Varela, Presidente de APAMP; Iratxe Bolado, profesional de Federación ASPACE-Galicia; e Toño Pérez, profesional de APAMP. Os 9 grupos que participaron na semifinal pasaron el 20 de noveembro unha presemifinal.

A final do concurso ‘En ASPACE cocinamos juntos’, terá lugar o próximo 29 de novembro na Escuela Naval Militar de Marín. Competirán por facerse con título á mellor filloa os vencedores das semifinais: Suso Quintela Rama e Jacinto Creo Sanvicente representarán a ASPACE- Coruña coa filloa “Galicia Style”; dende Amanecer-ASPACE de Pontevedra acudirán Diego Moares, Esteban López e David Villaverde con ‘Filloca’; e desde APAMP- Vigo, Yoha Pérez e Sergio Viudez con”Dulcinea”.

Colaboran nesta iniciativa donando produtos, as empresas Leche Larsa, Cerveza Meiga, Harinas Reyes, Portomuiños, Aceites Abril, Secretos de Galicia, Hifas da Terra y Miel de Galicia, así como Grupo Nove Cocineros e a Escuela Naval Militar de Marín.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp