A nosa organización é unha entidade de iniciativa social sen fins lucrativos, que presta servizos sociais especializados dende 1977, ano no que foi fundada na cidade de Vigo por un grupo de familias de persoas con discapacidade. É declarada de Utilidade Pública polo Ministerio de Interior por Orde do 22 de setembro de 1983.

APAMP ten unha historia de máis de 30 anos de compromiso. Unha historia de persoas e as súas familias. “30 anos… unha realidade, os vindeiros anos un compromiso cheo de soños”, con eficacia e eficiencia demostrada ao longo destes máis de trinta anos na xestión de servizos e recursos, atendendo e dando resposta ás necesidades sociais das persoas con parálise cerebral e afíns en cada momento (pioneiros en Galicia na integración en centros de educación ordinarios, aulas específicas no colexio público Seis de Nadal, creación do primeiro centro de día e ocupacional na cidade de Vigo de atención a persoas con parálise cerebral e servizo de respiro familiar especializado en persoas con parálise…).

Dende o seu inicio, a asociación tivo uns valores moi presentes en todo o que ten feito, para acadar que as persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

Dende 1977 ata agora, APAMP medrou e creou un centro multidisciplinar que ofrece servizos que naquel momento resultaban impensables, tanto no campo pedagóxico como no terapéutico. Ao longo de máis de 30 anos de existencia, APAMP converteuse nunha asociación que segue traballando día a día para adaptarse ás necesidades presentes e futuras dos usuarios, proporcionándolles apoios e servizos de calidade adecuados ás súas características persoais.

Esta misión levounos a desenvolver diversos servizos: centro de día, centro ocupacional, programa de respiro familiar, programa de vida independente, programa de emprego con apoio, programa de lecer, club deportivo, servizo de atención a familias… e a loitar polos nosos proxectos: residencia, centro de tratamentos…

{slider Servicios|closed}

Hidroterapia

As sesións de traballo en hidroterapia pretenden acadar unha mellora ou mantemento das habilidades motrices, empregando a auga como medio terapéutico. Dentro deste servizo realízanse tres actividades distintas:

+Hidrocinesiterapia

+Natación adaptada

+Aquaerobic

Atención psicolóxica

Prestar atención psicolóxica aos usuarios do centro de día e ocupacional é fundamental para mellorar o seu benestar emocional e manter e/ou incrementar as súas capacidades cognitivas mediante intervencións proactivas, preventivas e de mellora do seu entorno.

Logopedia

Desenvolver actividades de prevención, avaliación e recuperación dos trastornos da audición, a fonación e da linguaxe, mediante técnicas terapéuticas propias da logopedia.
Con este servizo pretendemos dende APAMP a prevención e detección de dificultades de comunicación e a planificación dos programas de actuación específica para a intervención nas dificultades da comunicación e as alteracións da linguaxe, audición, fala e voz.

Terapia ocupacional

Mellorar o desenvolvemento das ocupacións diarias dos usuarios nas diferentes áreas: coidado persoal, produtividade e lecer/tempo libre, para acadar a máxima independencia e mellorar a calidade de vida. Dentro deste servizo lévanse a cabo os programas de:

+    Vida independente
+    Avaliación de axudas técnicas no fogar
+    Programa de formación e emprego desenvolvido en colaboración coa Federación ASPACE dentro do proxecto Aspace Co-Laborare

Fisioterapia

Encárgase do tratamento das persoas con alteracións de ton, movemento e postura. Os tratamentos de fisioterapia realízanse a nivel individual e están encamiñados a manter e mellorar as capacidades físicas dos usuarios. Ademais das actividades individuais prográmanse as seguintes actividades:

+    Valoración postural en obradoiros
+    Ergonomía e manipulación dos usuarios orientados aos profesionais do centro

Traballo social

Desenvolver actividades de prevención e intervención social co obxetivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes do usuario ou a súa familia. Neste servizo lévanse a cabo os programas de:

+    Formación a familias
+    Equipo de pais
+    Programa de vacacións
+    Programa de respiro familiar

Atención pedagóxica

Con este servizo preténdese afianzar e formar nos coñecementos e habilidades académicas dos usuarios e favorecer o acceso e a utilización das novas tecnoloxías para mellorar a súa comunicación.
Dentro deste servizo desenvólvese o:

+   Programa de sistemas alternativos de comunicación (SAAC). Este programa busca os recursos adecuados á necesidade de comunicación individual e ofrece formación ao usuario no manexo dos mesmos.

Servizo ocupacional

APAMP dispón de seis obradoiros artesanais, nos que se realizan as actividades de serigrafía e gravado, téxtil, papel, cartón pedra, encadernación, bisutería e cestería, ademais dun obradoiro ocupacional de informática. Neste servizo estimúlase o desenvolvemento de ocupacións diarias dos usuarios en diferentes ámbitos para acadar unha maior independencia e mellorar a súa calidade de vida.

Servizo asistencial

Responder ás necesidades de apoio, de intervención e de aprendizaxe dos usuarios relacionadas coas actividades da vida diaria. Dentro deste servizo realízanse o programa de Apoio e Intervención nas Actividades da vida diaria e o programa de Control e Administración de Medicamentos.

Actividades culturais e deportivas

Realizar actividades de agrado para os usuarios adaptadas ás súas necesidades e características coa finalidade de gozar dos recursos comunitarios e de promover hábitos saudables, fomentando a súa capacidade de elección, o lecer e a formación. Deste servizo poden gozar todos os usuarios do centro e realízanse as seguintes accións:

+    Actividades culturais. Aproveitando a ampla oferta cultural que existe en Vigo a cargo de diferentes entidades e museos, organízanse ao longo do ano grande cantidade de saídas e visitas a eventos.
+    Actividades de lecer: Trátase de actividades de visita a centros comerciais, viaxes en tren, paseos pola praia, ir á feira…
+    Actividades deportivas: Estas actividades poden desenvolverse nas instalacións da entidade ou fóra das mesmas. Prográmanse en función das demandas dos usuarios. As actividades deportivas que se realizan son ximnasia de mantemento, baile e hipoterapia.
+    Programa de Vacacións: Ao longo do ano organízanse varias quendas de vacacións que se ofertan a todos os usuarios do centro de día e ocupacional. Realízanse unha media de catro viaxes ao ano.

Servizo de atención a familias

Proporciona información ás familias e usuarios sobre:

+ Recursos
+ A situación da persoa afectada
+ A propia situación da organización coa celebración dunha asemblea xeral anual

Dentro do servizo de información, trimestralmente APAMP edita o boletín informativo Rodando elaborado polos usuarios e profesionais do centro, onde se recolle información de interese e as actividades máis destacadas dos últimos tres meses.

Servizos xerais

+    Transporte adaptado: Para posibilitar o desprazamento dos usuarios con mobilidade reducida, APAMP conta con cinco furgonetas adaptadas que realizan un transporte porta a porta.
+    Comedor: A asociación ofrece un horario continuado de actividades, por iso e para proporcionar unha alimentación axeitada aos usuarios dispón dun servizo mixto de catering.
+    Limpeza e mantemento: É necesario dispor dunhas instalacións en condicións de hixiene, seguridade e habitabilidade óptimas para o bo funcionamento do centro de día e para o benestar dos usuarios.

Club deportivo “Tamiar”

APAMP conta cun club deportivo dende o ano 1984, que dispón dunha pista deportiva adaptada á práctica de boccia e slalom en cadeira de rodas. O club participa nestas modalidades en campionatos autonómicos, nacionais e internacionais.

O noso futuro


Trátase da construción dun centro de día e tratamentos, centro que ofertará 70 prazas de atención diurna nas que se prestarán servizos básicos de atención terapéutica e asistencial especializada.
No centro de tratamentos dispensaranse tratamentos habilitadores e rehabilitadores (diagnóstico multiprofesional, fisioterapia, hidroterapia, psicomotricidade, logopedia, psicoterapia, musicoterapia, desenvolvemento e implantación de axudas técnicas para a comunicación e manexo do entorno e atención sobre os tratamentos ortoprotésicos), así como apoio á integración dos usuarios nos contextos socio-familiares, educativos, laborales ou asistenciales que lle correspondan.
No centro de tratamentos dispensaranse tratamentos a usuarios doutros centros e a outros colectivos,  a través de convenios de colaboración con entidades que non contan con este recurso
.

{slider Contacto}

C/ Miguel Hernández, 1

36210 Vigo – Pontevedra

Galicia. España

Teléfono. 986 29 44 22

Fax. 886 29 44 22

Correo electrónico: apamp@apamp.org

Web: http://www.apamp.org

{loadposition mapaApa
Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp