Unha solta de globos daba o pistoletazo de saída a unha semana chea de actividades con motivo da celebración dos 25 anos da entidade
Pasaron 25 anos desde que no 1991, un grupo de pais e nais de nenos/as con parálise cerebral unísense para constituír Amencer Aspace. Desde entón, a entidade foi crecendo e acumulando instantes, momentos e recordos na súa historia.
Con motivo das súas vodas de prata, Amencer Aspace realizaba o pasado venres unha solta de globos fronte ao consistorio pontevedrés; actividade que deu o pistoletazo de saída a unha semana chea de actividades e accións destinadas a achegar á sociedade a realidade das persoas con parálise cerebral.
ENTREVISTA Á INVERSA
O martes 24 de maio terá lugar un encontro entre os medios de comunicación e os usuarios dos novos centros nunha actividade denominada ‘Entrevista á inversa’, na que persoas con parálise cerebral converteranse, por un día, en xornalistas exercendo de entrevistadores.
PONTEVEDRA EXPRÉS
Terá lugar unha visita pola cidade un tanto especial e divertida na que participarán equipos formados por usuarios, profesionais, familiares da entidade acompañados doutros concidadáns, algúns deles de relevancia pola súa traxectoria deportiva ou profesional.
O obxectivo é, a partir de pistas fotográficas, ir descubrindo que parte de Pontevedra aparece reflectida na fotografía ata completar a totalidade das mesmas.
Sen dúbida é unha maneira de facer turismo pola cidade, comprobar a accesibilidade da mesma, facer visible ao noso colectivo e ademais de divertirnos moito.
Terá lugar o mércores 25 de maio de 11 a 14.00 horas con saída e chegada na Casa da Luz.
A actividade está aberta a todo aquel que desexe participar. Inscricións en comunicacionaniversario@amencer-aspace.org ou no 986864643.
PONTE NO MEU LUGAR
En colaboración co CEIP Campolongo e co FP A Xunqueira o xoves 26 de maio de 11 a 14 horas, terá lugar, na Praza da Ferrería, unha actividade na que os estudantes poderán experimentar na súa propia pel como é o día a día das persoas con parálise cerebral e como se teñen que enfrontar as tarefas tan cotiás como comer, falar ou moverse pola cidade.
XORNADAS TÉCNICAS: ‘AVANZAMOS. O ESFORZO E Os RESULTADOS DESDE DIFERENTES ÁMBITOS’
Terá lugar o venres 27 de maio de 9.30 a 18.30 horas no Salón de Actos do Edificio Admnistrativo da Xunta de Galicia. Son gratuítas e a inscrición por RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN ATA COMPLETAR AFORAMENTO a través do e-mail comunicacionaniversario@amencer-aspace.org ou chamar ao seguinte teléfono: 986864643.
CEA SOLIDARIA -GALA DO HUMOR
Por último e como peche dunha semana de celebración, Amencer Aspace culminará o seu Aniversario cunha cea no Parque de Verán do Liceo Casino (A Caeira) amenizada por coñecidos monologuistas, na que a risa, a boa mesa e o baile serán garantía dunha noite na que todos o pasaremos en grande!
O custo é de 25 euros por persoas e as reservas realizaranse na dirección electrónica comunicacionaniversario@amencer-aspace.org ou no teléfono de contacto: 986864643
As actividades do 25 aniversario de Amencer Aspace continúan hoxe cunha actividade sorpresa na Praza da Peregrina ás 18.15 horas. Non vola perdades!