Segundo informa a Xunta de Galicia reactívase a renovación trimestral da demanda de emprego a partires do 1 de xaneiro, facilitando os medios non presenciais ás persoas usuarias. Nos derradeiros meses, este requisito víñase efectuando de maneira automática para evitar desprazamentos ás oficinas a causa do COVID-19.
Para manter os protocolos de seguridade ante o virus, a renovación da tarxeta de emprego poderá efectuarse por medios non presenciais: a través da oficina virtual, da aplicación para teléfonos móbiles Mobem, no Portal de Emprego de Galicia ou chamando ao 012. Nos dous últimos casos, será necesario dispoñer do DNI ou NIE e dun PIN que será facilitado pola Xunta ás persoas usuarias.
En canto á atención presencial haberá que solicitar cita previa. Como podo facer? Por medio do Portal de Emprego Galicia ou no teléfono 012.