Usuarios/as do Programa de Emprego e Formación de ASPACE-Galicia preséntanse ó proceso selectivo para cubrir as prazas de ordenanza reservadas para persoas con discapacidade intelectual

O pasado sábado 22 de setembro sete persoas con parálise cerebral usuarios/as do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE-Galicia presentáronse ó proceso selectivo convocado pola Administración Xeral do Estado para cubrir 279 prazas coma persoal laboral fixo de ‘Axudante de Xestión e Servizos Comúns – Ordenanza’ reservadas para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.

Mais de 3500 persoas procedentes de toda España presentáronse ó exame, xa que nos atopamos ante a primeira convocatoria destas características dende o ano 2016. As oposicións son para cubrir o posto de ordenanza en diferentes cidades da xeografía española, con 23 prazas destinadas á Comunidade Autónoma de Galicia repartidas nas seguintes localizacións: A Coruña (8 prazas), Ferrol (4 prazas), Santiago de Compostela (1 praza), Lugo (2 prazas), Ourense (2 prazas), Marín (1 praza), Pontevedra (3 prazas), e Vigo (2 prazas).

Os exames tiveron lugar en Madrid ás 10 da mañá na Facultade de Dereito da Universidade Complutene, tendo os/as opositores/as que contestar a un cuestionario de 25 preguntas tipo test nun tempo máximo de unha hora.

Dous profesionais de ASPACE-Galicia estiveron preparando os/as nosos/as opositores/as nos últimos meses dentro do noso Programa de Emprego e Formación. Un servizo gratuíto que se presta a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns dende o ano 2006, e xorde coma unha aposta decidida por integrar ó colectivo no mercado laboral.

Os/as interesados/as poden contactar có Servizo de Orientación e Emprego da Federación ASPACE-Galicia no número 986 879 967 ou a través do enderezo electrónico orientacion@aspacegalicia.org.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp