Usuarios/as do Programa de Emprego de ASPACE-Galicia preséntanse ó proceso selectivo para cubrir prazas de ordenanza reservadas para persoas con discapacidade intelectual
O sábado 15 de setembro catro usuarios/as do Programa de Emprego de Federación ASPACE-Galicia presentáronse ó proceso selectivo convocado polo Ministerio de Facenda. 20 prazas de persoal laboral na Axencia Tributaria para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual. As oposicións son para cubrir o posto de ordenanza en diferentes cidades da xeografía española, entre as que se atopan: A Coruña, Barcelona, Bizkaia, Cartagena, Gijón, Las Palmas, Madrid, Oviedo, Sevilla, Tenerife, Toledo, Valencia y Valladolid.
Cerca de 900 persoas participaron na convocatoria con exames simultáneos en diferentes localizacións de toda España. Na Comunidade Autónoma de Galicia as probas realizáronse na Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña onde os/as nosos/as usuarios/as participaron nas mesmas alcanzando a cifra de uns 120 opositores/as. Dous profesionais da federación acompañaron ós/ás opositores/as de ASPACE-Galicia á proba.
O Programa de Emprego é un servizo gratuíto que se presta dende Federación ASPACE-Galicia a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns dende o ano 2006 e xorde como unha aposta decidida por integrar ó colectivo no mercado laboral, xa que coñecemos de primeira man as dificultades que atopan neste ámbito.
Concretamente para estas prazas do Ministerio de Facenda, os/as nosos/as usuarios/as recibiron apoio por parte dos nosos técnicos de emprego e formación nos últimos dous meses con temario actualizado e axustado ás oposicións.
Actualmente, o mesmo servizo atópase cos preparativos para guiar e acompañar ós/ás usuarios/as do programa que se presentaran o próximo sábado 22 de setembro en Madrid as novas oposicións do Ministerio de Facenda.
Os/as interesados/as poden contactar có Servizo de Orientación e Emprego da Federación ASPACE-Galicia no número 986 879 967 ou a través do enderezo electrónico orientación@aspacegalicia.org.