O 8 de abril, 17 usuarios/as de ASPACE-Galicia acudirán ao primeiro proceso selectivo da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Máis de 400 opositores presentaranse ás 10 horas, ás probas do concurso-oposición da Xunta para cubrir as 6 prazas ofertadas para o posto de ordenanza. En canto ás prazas que se ofertan en Galicia, os destinos serán para A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago.

En ASPACE-Galicia, dous profesionais prepararon aos usuarios de APAMP en Vigo, Amencer-ASPACE en Pontevedra e ASPACE Coruña. O grupo de opositores con parálise cerebral que realizará a primeira proba tipo test, está formado por 1 opositor de Pontevedra, 12 de Vigo e 4 de A Coruña.

Trátase das primeras oposicións da Xunta de Galicia que se reservan exclusivamente a persoas con discapacidade intelectual para facilitar a inserción laboral do colectivo na Administración. Para 2016, a Xunta incrementou a Oferta de Emprego Público (OEP) ata 33 prazas: 17 para celadores do SERGAS, 12 para funcionarios subalternos e 4 para o corpo auxiliar (Grupo C2).

Para máis información, os/as interesados/as poden contactar co Servicio de Orientación e Emprego de Federación ASPACE-Galicia no 986.879.967 ou a través do correo electrónico: orientacion@aspacegalicia.org

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp