O próximo sábado 10 de marzo usuarios/as do Programa de Emprego de ASPACE-Galicia acudirán ó proceso selectivo do Parlamento de Galicia reservado para persoas con discapacidade intelectual. En concreto, a oposición é para cubrir unha praza de uxier en réxime interino e tratase do primeiro proceso selectivo do Parlamento de Galicia reservado exclusivamente para dito colectivo.

Máis de 200 persoas presentaranse ás 10:00 horas ó exame. E dende ASPACE-Galicia 12 usuarios/as teñen opción a esta convocatoria, contando a maioría con experiencia para afrontar un exame deste tipo xa que participaran anteriormente en oposicións á Xunta de Galicia e o Ministerio. Un profesional da federación acompañará ós/ás opositores/as á proba.

O Programa de Emprego é un servizo gratuíto que se presta dende Federación ASPACE-Galicia a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns dende o ano 2006 e xorde como unha aposta decidida por integrar ó colectivo no mercado laboral, xa que coñecemos de primeira man as dificultades que atopan neste ámbito.

Concretamente, as clases de formación para esta praza do parlamento galego iniciáronse en outubro do pasado ano, e se veñen desenrolando de forma presencial nas instalacións que APAMP Vigo ten en NAVIA. Máis de 80 horas de formación presencial, acompañadas dun apoio telemático por parte dos orientadores.

Actualmente, o mesmo servizo atópase xa planificando a formación para as próximas convocatorias tanto para o SERGAS como para a Xunta de Galicia. E os/as interesados/as (persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns) poden contactar có Servizo de Orientación e Emprego da Federación ASPACE-Galicia no número 986 879 967 ou a través do enderezo electrónico orientación@aspacegalicia.org.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp