Familias

Información e asesoramento

Respondemos as túas dúbidas sobre a parálise cerebral. Os profesionais de ASPACE-Galicia ofrecemos orientación sobre servizos e recursos de Federación, así coma das súas entidades membro. Ademais, obterás asesoramento en cuestións relacionadas con formación e emprego. A maiores, informarémoste sobre subvencións indicando as diversas institucións que vos poden axudar cos recursos económicos para sufragar parte dos gastos que xorden coas necesidades que require unha persoa con discapacidade.

Email contacto
traballosocial@aspacegalicia.org

Necesitas orientación?

O Encontro Autonómico de Familias

Anualmente Federación ASPACE-Galicia organiza o Encontro Autonómico de Familias ASPACE. Un evento dirixido a familiares de persoas con parálise cerebral e traballadores das entidades membro de Federación, que se converte nunha experiencia de reflexión, debate e convivencia.

A xornada comenza coa presentación do traballo realizado por Federación ASPACE-Galicia durante o ano en curso, informando dos diversos servizos que existen, programas, accións de sensibilización e reivindicación.

Cada ano traballamos de forma participativa, nalgún tema que sexa de interese para o colectivo. As ideas, propostas e necesidades detectadas son recopiladas para poder ser abordadas por Federación.

Formación

Federación ASPACE-Galicia ofrece xornadas formativas ás familias de persoas con parálisise cerebral.

O evento dirixido a familiares de persoas con parálise cerebral e traballadores ASPACE-Galicia, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organizou unhas xornadas formativas sobre alimentación segura e eficaz.

A disfaxia ou dificultade para deglutir, trae consigo dificultades respiratorias, dixestivas, físicas e psicológicas. Dende as entidades ASPACE, desenvolvemos experiencias pioneras no uso de alimentos texturizados para mellorar a seguridade e a eficacia da alimentación nas persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia e favorecendo así, cá alimentación sexa un momento de deleite para eles.

Nestas formacións abordouse este tema dende diferentes perspectivas profesionais: logopedia, nutrición, fisioterapia… Profundizando en cuestións coma os aspectos nutricionais da alimentación, a importancia da postura e o posicionamento, a hidratación ou a hixiene bucal.

Axudas e subvencións

Que máis facemos en ASPACE-Galicia

Newsletter

Boletín

de Novas