O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, destacou que, nesta nova etapa, o CERMI Galicia debe loitar por favorecer a unión entre entidades e fortalecer a interlocución coas administracións, nunha visita á Plataforma territorial galega, na que estivo acompañado da Comisionada de CERMIS Autonómicos, Teresa Palahí e a presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) CNSE, Concha Díaz Robledo.

Durante o transcurso da xornada, o presidente do CERMI, xunto ao presidente de CERMI Galicia, Iker Sertucha e o secretario xeral da entidade territorial, Carlos Fernández, mantivo unha reunión co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

No encontro onde trataron diversos temas da axenda da discapacidad en Galicia, Rey Varela puxo en valor o traballo realizado ata a data, nunha permanente colaboración co movemento asociativo da Discapacidade. Neste sentido, destacou a modificación da Lei de Servizos Sociais no referente ao Concerto Social, o Plan Estratéxico para a Discapacidade, a posta en marcha da tarxeta identificativa da Discapacidade en substitución da certificación antiga, así como a representación do colectivo no Comité de seguimento dos Programas Operativos do Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia.

Antes de finalizar esta visita, celebrouse unha comida de confraternidade entre os responsables do Cermi Estatal e o Comité Executivo do Cermi Galicia.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp