Misión

Federación ASPACE- Galicia ten como MISIÓN favorecer a coordinación e cooperación entre asociacións de parálise cerebral e outras entidades, de forma que a unión e a forza das mesmas, logren a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

Obxectivos fundacionais

Os seus obxectivos fundacionais son:

  • Coordinar, impulsar e potenciar os obxectivos e as actividades das súas asociacións membros.
  • Representar aos seus membros en cuestións de interese xeral ou a petición dos mesmos.
  • Promover o estudo, a información e a difusión dos problemas que afectan as persoas con parálise cerebral, así como as súas solucións.
  • Fomentar e desenvolver actividades deportivas, de lecer e tempo libre, nas que interveñan persoas con parálise cerebral de todo o territorio da comunidade autónoma de Galicia.
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Federación e das súas asociacións membros, que redunden en beneficio das persoas con parálise cerebral e/ou das súas familias ou representantes legais.

Estes obxectivos non son excluíntes das accións que en idéntico sentido poidan levar a cabo as asociacións membros desta Federación, de acordo cos seus propios Estatutos.

Valores

Cremos na transparencia. Por iso, facemos públicas nosas contas e memorias de actividades.

O traballo constante, en función das necesidades e demandas das persoas con Parálise Cerebral e as súas familias, e de acordo cuns obxectivos e criterios de avaliación son a base da nosa intervención.

A profesionalidade e implicación dos profesionais de Federación ASPACE Galicia e das entidades que a conforman son un eixo principal da nosa actuación.

Buscamos a igualdade de dereitos e oportunidades para as persoas con Parálise Cerebral.

A xestión con y de calidade dos nosos servizos e programas.

A cooperación, colaboración e o traballo en rede entre profesionais, asociacións, familias, financiadores e administracións implicadas favorecen a mellora da calidade de vida de Cooperación e colaboración das persoas con parálise cerebral.