O Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia colaboran coa Federación ASPACE Galicia

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran coa Federación ASPACE GALICIA no desenvolvemento do proxecto de Mantemento de Servicios Esenciais da entidade.

A atención directa e os coidados básicos para as personas con Parálise Cerebral, son fundamentais para favorecer a súa máxima inserción socio laboral de xeito efectivo.

O proxecto de Mantemento de servicios esenciais de Federación ASPACE Galicia pretende mellorar a atención directa a persoas con parálise cerebral, a través da contratación de coidadores que complementen o traballo que realizan os profesionais cualificados da entidade dos seus servizos de emprego e formación, novas tecnoloxías, sensibilización,…

Esta axuda está financiada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do seu programa Operativo de Emprego Xuvenil. (Eixe prioritario 5. Prioridade de inversión, 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.)

Dossier de prensa

Memorias económicas

Memorias de resultados

Certificados e Recoñecementos

Estatutos