A sensibilización social e a implicación da poboación son obxectivos principais de Federación ASPACE- Galicia. Por iso, cada ano levamos a cabo actividades e campañas sobre o noso labor para poder desenvolvela con efectividade.

Desde ASPACE- Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) buscamos promover a realización de eventos que impliquen a persoas de todas as idades e condición física co obxectivo de crear un espírito solidario e seguir sumando esforzos para a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral de Galicia.

Algunhas das nosas actividades e iniciativas son:

Marcha sobre Rodas

Pontevedra foi a primeira cidade encargada de acoller, no 2014, esta iniciativa que ten por obxectivo reivindicar a accesibilidade no ámbito urbano como peza fundamental no desenvolvemento como cidadáns de pleno dereito das persoas con discapacidade tanto física como intelectual; ademais de promover a realización de actividades relacionadas con hábitos de vida saudables e fomentar a realización de actividades deportivas e de lecer integradoras que dean cabida á convivencia de persoas con e sen discapacidade.

No 2016, a cidade elixida para albergar a II Marcha sobre Rodas foi A Coruña, onde preto de 700 persoas marcharon para reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral. (Contido relacionado noticias sobre a Marcha sobre Rodas, bases da Marcha, galería de fotos)

Estas foron as bases para a II Marcha.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Exposición de fotografía itinerante de Confederación ASPACE

Cumprindo co obxectivo de difusión e visibilización da realidade das persoas con parálise cerebral, Federación ASPACE- Galicia únese á iniciativa de Confederación ASPACE achegando á comunidade galega a Exposición Itinerante de Fotografías ASPACE. As instantáneas que compoñen esta exposición son tomadas por persoas con parálise cerebral, familiares, profesionais que traballen neste ámbito, ou voluntarios, co obxectivo de potenciar a imaxe das persoas con parálise cerebral como cidadáns de pleno dereito e resaltar as súas capacidades a través de distintos retratos que mostran o seu día a día.

Podes ampliar a información, na seguinte ligazón.

En ASPACE cociñamos xuntos

O concurso de cociña ‘En ASPACE cociñamos xuntos’ é unha divertida iniciativa que ten como obxectivo premiar á mellor receita feita pola comunidade ASPACE de Galicia. Unha oportunidade única de compartir unha actividade de lecer en familia ao carón do lume.

Xurado e participantes na competición final
Xurado e gañadores

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas seguintes ligazóns, podes ampliar a información sobre o concurso, as fases eliminatorias de Amencer-ASPACE, ASPACE-Coruña, APAMP-Vigo e a final, o premio á mellor tosta de ASPACE-Galicia.

 

Día Mundial da Parálise Cerebral

O primeiro mércores de cada outubro celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral. Para conmemoralo, todo o movemento ASPACE únese en diferentes actos levados a cabo polas distintas entidades ao longo do territorio español.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón.

 

Concurso tarxetas de nadal

O concurso de tarxetas de Nadal nace co obxectivo de fomentar a participación, os valores da convivencia e a expresión artística das tradicións do Nadal, entre os usuarios dos centros ASPACE asociados.

A finalidade é que os usuarios elaboren un traballo que servirá de deseño da tarxeta de felicitación de Federación ASPACE- Galicia, así como das asociacións membro que o soliciten.

Para máis información, consulte a seguinte ligazón.