Federación ASPACE Galicia é a entidade de referencia a nivel autonómico na atención a persoas con Parálise Cerebral.

O servizo de información e asesoramento que prestamos, facilita información e asesoramento a todas aquelas persoas con Parálise Cerebral, familias, profesionais, asociacións que o precisen.

Os profesionais da Federación atenderán as preguntas e demandas do público e derivarán as consultas sempre que se considere necesario.

Podemos axudarche en aspectos varios como:

  • Información sobre a Parálise Cerebral.
  • Servizos, programas e recursos da Federación ASPACE Galicia e as súas entidades membros.
  • Información actualizada sobre axudas e prestacións.
  • Asesoramento sobre procedementos relacionados coa atención á discapacidade (recoñecemento do grao, certificado de minusvalía, revisión do grao, etc)
  • Naquelas consultas que non podamos contestar, derivarémosche, coa maior rapidez posible a aqueles recursos máis convenientes a ti consulta.

Podes poñerte en contacto con Federación ASPACE Galicia a través do correo electrónico traballosocial@aspacegalicia.org , no teléfono 986 879 967 ou utilizando o formulario do apartado Contacta da nosa web.