ALCANCE DO SISTEMA DE XESTIÓN DE CALIDADE DE FEDERACIÓN  ASPACE GALICIA.

Federación  ASPACE GALICIA dispón dunha Certificación ao Sistema de Xestión de Calidade da entidade, respecto a os requisitos especificados na norma de referencia UNE-EN  ISO 9001:2015. O ALCANCE do devandito sistema de xestión de calidade é o seguinte:

A prestación de servizos de sensibilización, información, orientación e asesoramento sobre parálise cerebral.

A prestación do servizo de integración sociolaboral a persoas con parálise cerebral: orientación, actividades formativas grupales para a procura, mantemento e fomento do emprego, prospección e emprego con apoio.

A prestación de servizos ás entidades membros da Federación: captación e xestión de recursos, xestión da formación do persoal e o fortalecemento do movemento asociativo.

 

POLÍTICA DE CALIDADE DE FEDERACIÓN  ASPACE GALICIA.

A Dirección de Federación  ASPACE-Galicia establece unha Política de Calidade que proporciona un marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos de calidade, que debe ser coñecida e entendida por todos os membros da entidade e que compromete a lle entidade no seu conxunto e a todos os seus membros a cumprir cos requisitos do sistema implantado e a mellorar continuamente a súa eficacia, sempre no marco da misión xeral da organización.

Federación  ASPACE-Galicia establece os seus compromisos baixo a premisa do cumprimento da norma UNE  ISO 9001 e dos requisitos legais e regulamentarios aos que está suxeita.

Así, tendo en conta a Misión de Federación  ASPACE-Galicia de “Fomentar a coordinación e cooperación entre asociacións de parálise cerebral e outras entidades de forma que, a unión e forza das mesmas, logre a igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral”, a dirección e o persoal de Federación  ASPACE-Galicia comprométense a consolidar unha nova forma de xestión baseada na  trasparencia, a calidade e a eficiencia, que se reflectirá nas áreas e servizos obxecto do alcance deste sistema a través de:

  • seguimento constante das necesidades das persoas con parálise cerebral de Galicia para axustar a nosa intervención ás mesmas, así como das demandas do resto da poboación en relación cos nosos servizos.
  • apoio individualizado, o compromiso e a garantía de confidencialidade cara aos nosos clientes.
  • A atención a través de profesionais próximos, coñecedores das necesidades específicas das persoas con parálise cerebral.
  • A información e formación do persoal favorecendo a súa implicación na MISIÓN da mesma e un bo clima laboral.
  • respecto á intimidade do persoal, así como o fomento da conciliación da súa vida familiar e laboral.
  • A dotación de medios e metodoloxías que favorezan o desempeño do labor profesional e a accesibilidade das persoas con parálise cerebral aos nosos servizos.
  • Canles de comunicación fluídos tanto entre os distintos niveis da organización como cos clientes.
  • O establecemento de mecanismos de participación e avaliación que favorezan procesos de mellora continua.
  • Eficacia na xestión e optimización de recursos mediante a calidade e complementariedade de servizos, deseñando proxectos equilibrados en relación cos custos e desenvolvéndoos con rigor e

A política de calidade de Federación  ASPACE GALICIA está a disposición de todas aquelas persoas que a soliciten.