A asociación conta con dous cans, Isy e Magi, para realizar os tratamentos cos usuarios dúas veces á semana

A Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral iniciou en xullo o seu programa de terapia asistida con animais para persoas con parálise cerebral, que ten como principal obxectivo potencia a motricidade e socialización dos usuarios e, en definitiva, mellorar a súa calidade de vida.

Esta terapia, coordinada por Jacinto Creo, traballador da entidade, preparouse coa colaboración de Yago Ricoy, técnico en intervención asistida con animais da asociación Lobos de Naraío. Ademais, participan no proxecto Lenda Moura Golden Retriever, o Complexo Canino Noroeste, Grupo Gerión e Arión.

Nas sesións levadas a cabo ata o de agora participaron dúas cadelas coas que conta a asociación para desenvolver o programa. Unha é Isy, unha golden retriever de maior tamaño, destinada aos usuarios de máis idade, e Magi, unha bulldog francés máis pequena, para realizar os exercicios cos nenos da entidade. Segundo explicou Jacinto Creo, o simple feito de achegar ao can aos usuarios logra motivalos e despois realizan unha actividade chamada «Pongámosla guapa», na que os participan peitean á cadela, co obxectivo de realizar movementos cos brazos ou as mans.

O obxectivo de ASPACE-Coruña é qu,e con esta nova actividade, que sempre ten unha compoñente lúdica e recreativa, as persoas con parálise cerebral melloren a súa motricidade e sobre todo a súa socialización no entorno.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp