A Federación ASPACE-Galicia (Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) nace en Sanxenxo (Pontevedra) en 1999. A súa finalidade é lograr a coordinación e cooperación entre asociacións de parálise cerebral e outras entidades, para traballar xuntos pola igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral.

ASPACE-Galicia pretende servir como dinamizador dos distintos colectivos, promover o asociacionismo e colaborar coas administracións públicas e organismos privados para dar a coñecer a parálise cerebral, que afecta a dúas de cada mil persoas en Galicia.

Desde o seu nacemento son moitos os fitos máis importantes que foron conformando o seu camiño e historia. A continuación destacamos algúns deles:

  • Integrados en Confederación ASPACE desde 1999; unha colaboración que fortalece as reivindicacións do colectivo das persoas con Parálise Cerebral.
  • Desde 2003, Federación ASPACE- Galicia conta con sede propia desde onde ofrecer os seus propios servizos.
  • En 2005, poñemos en marcha o Programa de Emprego e Formación, unha iniciativa innovadora coa que pretendemos favorecer a formación e a inserción laboral das persoas con Parálise Cerebral.
  • A entidade foi declarada de Utilidade Pública o 25 de Maio de 2006.
  • En 2011, auditamos o noso sistema de xestión de calidade de acordo cos parámetros da norma UNE:EN ISO 9001:2008, o que reforza o noso compromiso de traballar con criterios de calidade en todos os nosos servizos e proxectos.
  • No 2014 organizamos o Ano Galego da Parálise Cerebral. Un ano cheo de actividades e eventos organizados co fin de visibilizar a realidade das persoas con Parálise Cerebral.
  • En 2014, a Universidade de Vigo outorga o Premio Valor Solidario á Federación pola I Marcha sobre Rodas, celebrada en xuño dese mesmo ano en Pontevedra; unha iniciativa , aberta á sociedade en xeral, para reivindicar a realidade e as necesidades deste colectivo.
  • Dende 2015 estamos integrados en CERMI GALICIA, a plataforma que aglutina aos principais colectivos da discapacidade.