Prospección laboral e formativa

Unha vez analizado o teu perfil profesional, levamos a cabo diversas accións encamiñadas a informar,  asesorar e detectar necesidades dás empresas, achegando solucións e incidindo na sensibilización da contorna social e laboral para fomentar:

  • Oportunidades de emprego para persoas con PC
  • Coñecemento por parte do empresariado do colectivo de persoas con PC e das vosas capacidades

Ante unha oferta laboral, previamente desde Federación procederemos á análise do posto de traballo e condicións de accesibilidade co fin de adaptar o perfil ao posto de traballo.

Unha vez analizado o teu perfil profesional, analizamos o mercado formativo en procura de recursos que che permitan mellorar o teu cualificación profesional.

Ao mesmo tempo sensibilizamos ás empresas de formación, informando e/ou adaptando, nos casos necesarios,  as accións formativas para que poidades acceder en igualdade de condicións.