Formación para o emprego

Formación en competencias crave:

Federación ofrece formación nas competencias matemática, lingua galega, lingua castelá e inglés a aquelas persoas que  non cumpren cos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 ou 3.

O obxectivo  é conseguir a certificación nestas competencias para  o acceso á formación profesional ocupacional conducente aos Certificados Profesionais.

Preparación de oposicións:

A  Administración Xeral do Estado, a Administración Autonómica e as diferentes Administracións Locais  reservan dentro da súa Oferta Pública de Emprego prazas para persoas con discapacidade intelectual.

ASPACE-Galicia ofrece clases de preparación a grupos de persoas con PC que aspiren a obter unha destas prazas, facilitando temarios, simulación de probas prácticas, así como diferentes exercicios, resolución de dúbidas…