A causa do COVID-19 non se celebrou a VI Edición do Concurso de Cociña ASPACE e elaborouse un video como recordo da evolución do certame gastronómico

Nai e fillo gañan o concurso de cociña ASPACE

Dende 2014, con motivo do Ano da Parálise Cerebral en Galicia, Federación ASPACE-Galicia iniciou o Concurso ‘En ASPACE Cociñamos Xuntos’, un certamen gastronómico para persoas con parálise cerebral que acompañados por un familiar ou un profesional das entidades ASPACE-Galicia (Amencer-AspaceAspace CoruñaApamp), elaboraban a súa mellor receita.

O concurso, que se realizaba durante o mes de novembro, constaba de 3 semifinais e unha final repartidas nas ubicacións onde se atopan as asociacións de ASPACE-Galicia (A Coruña, Pontevedra e Vigo). Un xurado profesional, presidido por figuras relevantes do mundo da cociña galega, eran os encargado de premiar a mellor elaboración culinaria.

Dende os seus inicios, transcurriron 5 edicións de aprendizaxe e de vivencias que queremos que disfrutes como o fixeron os concursantes e os membros do xurado como os chefs Pepe Vieira, Iñaki BretalPepe Solla  e o blogueiro gastronómico, Alberto Ribas.

Comparte esta noticia en tus Redes Sociales
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
Linkedin
Share on whatsapp
Whatsapp