Campaña 1×1

A Campaña 1×1=Solidariedade é un proxecto solidario da Federación ASPACE-Galicia dirixido a empresas. Consiste na achega voluntaria por parte dos traballadores da empresa da cantidade de 1 euro, nunha única doazón ao ano.

Por só 1 euro por persoa, o colectivo de persoas con parálise cerebral pode continuar recibindo a atención de calidade que necesita.

Por que colaborar coa Campaña 1×1=Solidariedade?

. Porque axudas ás persoas con parálise cerebral e as súas familias para ter unha maior calidade de vida e uns servizos adaptados ás súas necesidades.

. Porque, neste contexto de crise económica, os colectivos sociais necesitan a colaboración de particulares, empresas e institucións públicas e privadas para poder seguir prestando os servizos aos seus usuarios.

. Porque contribúes a mellorar a calidade de vida doutras persoas e a facer máis igualitaria a sociedade na que vives.

Máis información en: