O Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia colaboran coa Federación ASPACE GALICIA. Ano 2019

A Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa Operativo de Emprego Xuvenil, colaboran coa Federación ASPACE GALICIA no desenvolvemento do proxecto de FORTALECEMENTO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DA PARÁLISE CEREBRAL (Expediente TR352 C 2019/165-0)

O proxecto de FORTALECEMENTO DO MOVEMENTO ASOCIATIVO DA PARÁLISE CEREBRAL de Federación ASPACE Galicia pretende estender na sociedade o coñecemento sobre o colectivo das persoas con parálise cerebral, as súas capacidades e as súas necesidades a través de proxectos de sensibilización, reivindicación e incidencia política.

Pretendemos fomentar a incorporación das persoas con parálise cerebral ao mercado laboral, prestando os apoios necesarios para fomentar a súa autonomía no posto de traballo.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do seu programa Operativo de Emprego Xuvenil. (Eixo prioritario 5. Prioridade de investimento, 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.)