Unha elevada porcentaxe de persoas con parálise cerebral ten dificultades de deglución ou disfaxia (dificultade para a deglución nunha persoa, resultante dunha lesión ou enfermidade neurolóxica). Este feito non só impide a introdución de novos sabores, texturas e alimentos, se non que tamén presenta dificultades respiratorias, dixestivas, físicas e psicolóxicas.

Por iso, dende as entidades ASPACE levamos traballando, dende hai anos, no desenvolvemento de experiencias pioneiras no uso de alimentos texturizados para mellorar a seguridade e eficacia da alimentación en persoas con parálise cerebral con problemas de disfaxia e así, favorecer que a comida sexa un momento de goce e desfrute para todos. Desde Confederación ASPACE, da que forma parte ASPACE-Galicia, tamén se está apostando por proporcionar formación, información e equipamentos para promover a incorporación da texturización de alimentos para persoas con parálise cerebral con problemas de disfagia.

ASPACE-Galicia, en colaboración con la Escola Galega de Saúde para cidadáns, organizou no primeiro trimestre de 2019 un ciclo formativo sobre Alimentación segura e eficaz en persoas con parálise cerebral, actividade formativa que contou con 7 sesións e percorreu toda Galicia pasando por cidades como Vigo, Pontevedra, Coruña, Ourense e Lugo. Nela, abordouse o tema desde diferentes perspectivas profesionais: logopedia, nutrición, fisioterapia,… profundando en cuestións como os aspectos nutricionais da alimentación, a importancia da postura e o posicionamento, a hidratación ou a hixiene bucal.

Desde Confederación ASPACE, en maio de 2019, publicouse tamén a “Guía de Alimentación” con recomendacións para persoas con parálise cerebral e outras discapacidades con grandes necesidades de apoio sobre alimentación e deglución.

Deixámosvos a continuación ambos documentos para que poidades coñecer máis en detalle todos os seus contidos:

Alimentación segura y eficaz en personas con parálisis cerebral

Guía alimentación personas con parálisis cerebral