Á parálise cerebral, xeralmente, asócianse problemas de diversa índole. Xunto ás dificultades no movemento poden aparecer alteracións sensoriais, de comportamento, de personalidade, cognitivas, comunicativas ou de saúde. Esta realidade fai que, en ocasións, atopémonos ante persoas con pluridiscapacidade.

Problemas visuais

O problema visual máis común é o estrabismo. Este pódese corrixir con parches,  toxina botulítica ou intervención cirúrxica. As persoas con parálise cerebral poden desenvolver, nalgúns casos, problemas visuais máis serios. Algúns teñen defecto cortical, o que incide na interpretación das imaxes no cerebro.

Percepción espacial

A persoa con parálise cerebral, en ocasións, non é capaz de relacionar o espazo co seu corpo. Resúltalle difícil, por exemplo, calcular as distancias ou construír visualmente en tres dimensións.

Hai que ter en conta, iso si, que estas dificultades non están relacionadas coa súa capacidade intelectual.

Oído

Os problemas de audición son pouco frecuentes aínda que se o nervio auditivo está afectado pode desenvolver hipoacusia (os sons percíbense máis baixos) ou xordeira.

Fala

A capacidade de comunicarse vai depender, en primeiro lugar, do seu desenvolvemento intelectual. Desenvolvemento que recomendamos estimúlese desde os primeiros anos de vida.

A súa capacidade de falar dependerá da súa habilidade motriz para controlar os músculos da boca, a lingua, o padal e a cavidade bucal.

As dificultades para falar que teña a persoa afectada adoitan ir unidas ás de mastigar e tragar. A intervención conxunta de varios profesionais axudará a mitigar ou solucionar estes problemas.

Moitas persoas poden exercitar, nalgunha medida, a comunicación verbal. Para aqueles a os que lles resulte máis complicado existen sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

Epilepsia

A epilepsia afecta a unha de cada tres persoas con parálise cerebral. É imposible predicir de que maneira ou en que momento a persoa afectada pode desenvolver os episodios.

A epilepsia pódese controlar con medicación específica.

 

Dificultades de aprendizaxe

É posible que presente alteracións na aprendizaxe debida a dificultades na atención, concentración, memorización ou procesamento da información.

A iso engádense as dificultades de interacción coa contorna provocadas polas alteracións motóricas.

Nalgúns casos, a parálises cerebral leva asociados atraso mental e/ou trastornos de conduta que dificultan tamén o proceso de aprendizaxe da persoa afectada.

Outros problemas

As infeccións respiratorias, alteracións de conduta ou os trastornos o soño engádense á lista de posibles dificultades que presenta unha persoa con parálise cerebral.