As lesións que provocan a parálise cerebral suceden durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida. Actualmente houbo un descenso significativo das causas acaecidas durante o parto e incrementáronse as causas durante o período de xestación.

A parálise cerebral non é un termo que agrupe unha única tipoloxía con síntomas homoxéneos.

A lesión cerebral non permite ou dificulta a trasmisión de mensaxes do cerebro cara aos músculos distorsionando os movementos destes. Este dano xera diversos tipos de parálise cerebral. A continuación ofrecemos tres formas de clasificar a parálise cerebral:

As causas poden ser:

–              Prenatales: infeccións intrauterinas (especialmente virales). As intoxicacións (sustancias tóxicas, medicamentosas), exposición a radiacións, etc.

–              Perinatales: a anoxia, a prematuridade, os traumatismos mecánicos do parto e o desprendemento placentario prematuro.

–              Postnatales: incompatibilidade sanguínea, as encefalitis e meninxites, problemas metabólicos, lesións traumáticas e a inxestión accidental de sustancias tóxicas.

A parálise cerebral. Causas

Segundo a parte afectada

icon_hemiplegiaHemiplexia
afectado un dos dous lados do corpo.

icon_diplegiaDiplexía
afecta aos 4 membros, aínda que os inferiores están máis afectados.

icon_tetraTetraplexía  
afecta globalmente aos 4 miembros e con frecuencia ao eixe do corpo.

Segundo o trastorno neuromotor

icon_trastornoEspástica
caracterizada pola rixidez nos músculos.

icon_trastornoAtetoide
afecta ao ton muscular, provocando movementos bruscos e incontrolables.

icon_trastornoAtáxica
provoca problemas de equilibrio e destreza manual.

icon_trastornoMixta
prodúcese unha mestura das anteriores.

Segundo a severidade

icon_ligeraLixeira
sen limitacións nas actividades ordinarias.

 

icon_moderada Moderada
dificultade nas tareas diarias. Necesidade de medios de apoio.

icon_severaSevera
gran limitación nas actividades diarias.