Enderezo: Calle de Alfredo Brañas 1, bajo. 27004 Lugo

Teléfono: 982 20 27 78

Correo electrónico: aspace_lugo@hotmail.com

A Asociación de Nais e Pais de menores afectados por Parálise Cerebral da provincia de Lugo (ASPACE-Lugo) é unha asociación sen ánimo de lucro fundada no 1994. Nace como reacción dun grupo de nais e pais preocupados polas carencias sanitarias da súa cidade.

Misión

Promover o desenvolvemento integral de nen@s, pais e familiares coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida, defendendo así, os dereitos que a Constitución Española de 1978 e as Leis de SS.SS da comunidade autónoma garántenlle.

Servizos

Dende 1996, é Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Xunta de Galicia o que acredita unha experiencia dilatada na prestación de servizos e programas de atención específica e especializada para os afectados por parálise cerebral e enfermidades afíns.

Outros datos

ASPACE-Lugo está integrada na Confederación ASPACE.

 

Localización