Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. ASPACE-Coruña é a asociación pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral e a única con estas características na Coruña e provincia. No 2017, celebra 40 anos.

Misión

A misión de ASPACE-Coruña é acompañar ás persoas con parálise cerebral e ás súas familias no seu proxecto de vida cun equipo de traballadores implicados, con servizos e recursos que garantan os seus dereitos como cidadáns.

Servizos

ASPACE-Coruña presta servizos e tratamentos a persoas con parálise cerebral, con afectación tanto física como psíquica. A totalidade dos usuarios teñen asociados importantes déficits sensoriais e intelectuais, o 99% deles son totalmente dependentes para satisfacer as súas necesidades básicas.

 

Outros datos 

Declarada Entidade de Utilidade Pública, o 3 de novembro de 1980.

Está integrada na Confederación ASPACE.

 

Localización