Enderezo: Miguel Hernández, 1.  36210 Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986 29 44 22

Fax: 886 29 44 22

Correo electrónico: apamp@apamp.org

Web: www.apamp.org

Entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro que presta servizos sociais especializados dende 1977, ano en que foi fundada na cidade de Vigo por un grupo de familias de persoas con discapacidade.

Misión

A misión de APAMP é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida  de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, a eles e ás súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

Servizos

Dende 1977, APAMP creceu e creou un centro multidisciplinar que ofrece servizos que naquel momento resultaban impensables, tanto no campo pedagóxico como no terapéutico. Ao longo de máis de 40 anos, APAMP converteuse nunha asociación que segue traballando día a día para adaptarse ás necesidades presentes e futuras dos usuarios, proporcionándolles apoios e servizos de calidade adecuados ás súas características persoais.

Outros datos

Declarada de Utilidade Pública polo Ministerio de Interior por Orde do 22 de setembro de 1983.

APAMP está integrada na Confederación ASPACE.

Localización