Enderezo: Camelias, s/n. Pontemuiños 36153 Lourizán (Pontevedra)

Teléfono: 986 86 46 43

Correo electrónico: asociacion@amencer-aspace.org

Web: http://amencer-aspace.org

Asociación de ámbito provincial sen ánimo de lucro, fundada en 1991 por un grupo de pais e nais de nenos con parálise cerebral, conscientes da falta de recursos na súa contorna para traballar cos seus fillos. No ano 2016, a asociación cumpriu 25 anos.

Misión

A súa misión é a de responder as necesidades específicas das persoas con parálise cerebral e patoloxías afíns, mediante unha atención integral levada a cabo por un equipo interdisciplinar a través de servizos especializados e con criterios de calidade.

Servizos

Actualmente, dispón de centros e servizos de atención especializada desde os 0 aos 65 anos (concertados ou conveniados coa Administración Pública): centros educativos, centros de día, centro de atención temperá…

Outros datos

Declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior por Orde do 22 de abril de 1997.

Amencer-ASPACE está integrada na Confederación ASPACE.

Localización