SERVIZO DE ASESORÍA XURÍDICA DE FEDERACIÓN ASPACE GALICIA PARA PERSOAS CON PARÁLISE CEREBRAL E AS SÚAS FAMILIAS 

 

Co fin de canalizar as situacións de discriminación sufridas polas persoas con parálise cerebral, dende Federación ASPACE GALICIA poñemos en marcha, un servizo de asesoría xurídica, que pretende servir como área de denuncia específica para as situacións de discriminación que o noso colectivo pode sufrir.

As mulleres e homes con parálise cerebral e outras discapacidades afíns con grandes necesidades de apoio, as súas familias e profesionais, serán os destinatarios deste servicio ao que deberán trasladar as súas preguntas e demandas a través dos servicios de traballo social das súas entidades de referencia.

O servizo de Asesoría Xurídica de Federación ASPACE-GALICIA incidirá en tres líneas de traballo fundamentais:

1. DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

2. APORTACIÓNS PARA A MELLORA DA NORMATIVA

3. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO SOBRE DISCAPACIDADE

 

ACCIÓNS DO SERVIZO DE ASESORÍA XURÍDICA

Este servicio ofrécese a través de:

  • Elaboración de informes xurídicos sobre temas de interese para o colectivo que permitan a defensa dos dereitos das persoas con parálise cerebral nos diversos contextos nos que desenvolven a súa vida.
  • Consultas individuais: para resolver dudas personais tanto das propias persoas con parálise cerebral coma das súas familias.
  • Formación: creación de materiais de informativos, píldoras formativas, sesións informativas e formativas sobre temas de interese para as persoas con parálise cerebral e as súas familias co obxetivo de trasladar de forma amena temas xurídicos de interese.
  • Denuncia de situación de vulneración de dereitos.

 

COMO SE REALIZA A PRESTACIÓN DESTE SERVIZO?

Federación ASPACE GALICIA presta orientación xurídica ás persoas con discapacidade e as súas familias, e as súas entidades, que o soliciten, nas seguintes condicións e de acordo co procedemento que se sinala a continuación:

1. Federación ASPACE GALICIA ofrece unha primeira orientación xurídica ás persoas con discapacidade, as súas familias e as súas organizacións en supostos de discriminacións e tratos desiguais de gravidade, sufridos por razón exclusiva de discapacidade.

2. Federación ASPACE GALICIA, soamente atende os casos derivados de controversias ou disputas de carácter xurídico nos que a discapacidade sexa un elemento nuclear e determinante. Quedan, pois, descartados os supostos nos que a presenza da discapacidade é un factor máis de problema, pero non supón a razón de ser da discriminación ou eo trato desigual.

3. A orientación xurídica de Federación ASPACE GALICIA limítase a un primer consello e recomendacións de actuación á persoa ou entidade que solicitaron o apoio, unha vez examinados os supostos de feito denunciados ou postos en coñecemento da entidade. Federación ASPACE GALICIA non asume en ningún caso a asistencia xurídica directa e continua (servizos de avogado/a e procurador/a, redacción e presentación de escritos, etc.).

4. Tanto os supostos que Federación ASPACE GALICIA decida atender, ofrecendo unha primera orientación, como os que queden descartados por non encaixar nos criterios sinalados anteriormente, derivaranse, sempre co consentimento previo da persoa que consulta ou denuncia e de acordo coa normativa de protección de datos (ver punto 9º inferior con máis detalles sobre esta cuestión), ofrecendo a información dispoñible, hacia recursos públicos e privados existentes que poidan prestar unha axuda máis intensa (asesorías xurídicas de organismos públicos e de entidades da discapacidade, servizos de orientación dos Colexios de Abovados, turnos de oficio, órganos xurisdiccionais e oficinas do Ministerio Fiscal, órganos de supervisión e fiscalización como o Consello Nacional da Discapacidade, etc.

5. Federación ASPACE GALICIA contestará ás consultas recibidas e admitidas no menor tempo posible, sen poder obligarse a responder de forma instantánea ou sometida a plazos externos á propia entidade.

6. As solicitudes de orientación das persoas que se dirixan a Federación ASPACE GALICIA canalizaranse exclusivamente a través dos servizos de traballo social das súas entidades ASPACE de referencia en Galicia.

7. As solicitudes atendidas contestaranse exclusivamente por vía electrónica, enviando correo deste tipo á conta proporcionada pola persoa solicitante. Non se mantenrán consultas telefónicas sobre o caso, salvo que sexa preciso recabar máis información ou resulte estrictamente necesario para ofrecer a orientación xurídica, e sempre a instancias de Federación ASPACE GALICIA.

8. As persoas que soliciten este servicio fanse responsables da veracidade, adecuación coa realidade e legalidade dos feitos, documentos, información ou materiais comunicados ou postos a disposición de Federación ASPACE GALICIA.

9. FEDERACIÓN ASPACE GALICIA aplicará estrictamente a lexislación sobre protección de datos (http://aspacegalicia.org/es/proteccion-de-datos/) e o deber de confidencialidade da información que puidera recibir por esta vía.