A Federación ASPACE- Galicia réxese polo sistema de autogoberno e o principio de representación. Coñécenos a través dos nosos órganos de goberno e os nosos recursos humáns.

Órganos de goberno

Asamblea xeral

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de goberno e decisión da Federación, e nela están representadas todas as entidades membros. A asemblea reúnese, polo menos unha vez ao ano, e entre as súas funcións atópanse as de aprobar a memoria, contas e orzamentos da entidade, e elixir os membros da Xunta Directiva.

Xunta directiva

En cumprimento dos Estatutos, a Xunta Directiva renóvase a medias cada catro anos. Tras a última, a Xunta Directiva de Federación ASPACE-Galicia quedou integrada por seis membros:

 

PRESIDENTA: Mónica Touriño Soto (Asoc. AMENCER)

Diplomada en Traballo Social e Licenciada en Socioloxía.

É xerente da asociación Amencer-ASPACE desde o ano 1995.

Desde 2019 exerce o cargo de Presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral (ASPACE-Galicia).

 

VICEPRESIDENTA: Sonia Ruiz Vargas (Asoc. ASPACE-Coruña)

Licenciada en Ciencias Empresariais. Especialidade Financiamento, Rama Economía da Empresa (Dirección e Administración de Empresas).

É Xerente da asociación ASPACE-Coruña desde o ano 2018.

Foi elixida vicepresidenta de ASPACE-Galicia en 2019.

 

 

SECRETARIA: Concepción Somoza Torres (Asoc. APAMP)

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

É xerente da asociación APAMP desde 1995.

Vicesecretaria da Xunta Directiva da Confederacion ASPACE. Desde 2013 exerce como secretaria da Xunta Directiva de ASPACE-Galicia.

 

TESOUREIRO: Carlos Godoy Casalderrey (Asoc. AMENCER): 

Licenciado en Ciencias Sección Químicas, Universidade de Santiago de Compostela.

Catedrático de Instituto de Bacharelato en Especialidade de Física e Química.

Actualmente xubilado. Presidente de Amencer-ASPACE desde 1991. Foi elixido como tesoureiro de ASPACE-Galicia en 2019.

 

VOGAL: Mª Carmen Barreiro Santos (Asoc. ASPACE-Coruña)

Titulada en Auxiliar Administrativo en 1983.

Actualmente, é secretaria da xunta directiva da asociación ASPACE-Coruña.

Foi elixida membro da xunta directiva de ASPACE-Galicia en 2013.

 

VOGAL: Daniel Varela Lago (Asoc. APAMP)

Técnico en Mecánica Industrial. Prexubilado de Teléfónica.

É fillo do fundador da asociación APAMP, da que actualmente é presidente.

É membro da xunta directiva de Federación ASPACE-Galicia desde o ano 2013.

 

A continuación, os Estatutos da Federación-ASPACE.

Recursos humáns

Xerencia

A xerencia ten a máxima responsabilidade sobre o funcionamento da Federación ASPACE-Galicia, coordina os proxectos e as actividades programadas, as subvencións e os recursos. É a ligazón coa Xunta Directiva.

xerencia@aspacegalicia.org

Emprego e formación

Os profesionais de emprego e formación encárganse de facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns.

emprego@aspacegalicia.org

orientacion@aspacegalicia.org

Administración e xestión

A secretaría administrativa encárgase de executar todas as tarefas administrativas relacionadas coas actividades de Federación.

administracion@aspacegalicia.org

Comunicación

O departamento de comunicación ten o labor de xestionar a comunicación, tanto interna como externa, da Federación e as súas entidades membros, seguindo un plan de comunicación.

comunicacion@aspacegalicia.org

Fortalecemento do movemento asociativo

Federación ASPACE-Galicia presta diferentes servizos ás asociacións membro: información, asesoramento, apoio na implantación de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación, formación, estudos e investigación…

traballosocial@aspacegalicia.org

xerencia@aspacegalicia.org