Coñece o conto “Érase unha vez … ¡Un agasallo! Os dereitos en parálise cerebral”

Érase unha vez … ¡Un agasallo!” de Confederación ASPACE é un conto que nos achega ás historias de varios nenos e nenas con parálise cerebral, mostrando como son as situacións que viven a cotío.

Son 9 protagonistas, Daniela, Martina, Álvaro…  teñen parálise cerebral e no conto “Érase una vez … ¡Un regalo!” nos amosan situacións que lles acontecen cada día, onde os seus dereitos acaban vulnerados. Sen embargo, coas súas boas ideas logran mudar estas circunstancias para conseguir que todos os nenos e nenas teñan os mesmos dereitos.

Aspectos coma a igualdade, a non discriminación ou o dereito a formar parte dunha comunidade son algúns dos temas deste libro educativo, cuxo obxetivo é lograr unha maior concienciación sobre os dereitos da infancia con parálise cerebral. Se queres disfrutar do conto, podes descargar o contido neste enlace.

Se eres un centro educativo e che gustaría dispoñer dun exemplar en formato físico, estaremos encantados de facer o envío. Podes contactar con nós no correo electrónico comunicacion@aspacegalicia.org ou chamando ao teléfono 986 879 967.