Así celebramos o Día Mundial da Parálise Cerebral!

Onte tivo lugar o Día Mundial pola Parálise Cerebral para defender os dereitos do colectivo e loitar por unha reconstrucción dende o enfoque social de dereitos

O martes, 6 de outubro, celebrouse o Día Mundial da Parálise Cerebral baixo o lema #UnFuturoMejor. Membros das asociacións de ASPACE de Galicia reuníronse coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, que agradeceu á entidades sociais o seu traballo durante os momentos máis duros da pandemia da Covid-19 para garantir a calidade de vida das persoas con discapacidade. Acudiron ao encontro, a presidenta de Federación ASPACE-Galicia, Mónica Touriño; o xerente de Federación ASPACE-Galicia, Nacho Pérez; a xerente de APAMP, Conchi Somoza; e a vicepresidenta de ASPACE-Coruña, Mª Carmen Barreiro, acompañada pola súa filla Nerea, usuaria de ASPACE-Coruña.
 Dende as entidades (APAMP, ASPACE Coruña, Amencer-ASPACEyASPACE-Lugo) realizaron diversos actos para visibilizar e defender os dereitos, a calidade de vida e a participación social das persoas con parálise cerebral. En ASPACE Coruña, o acto contou coa participación do alcalde de Sada, Benito Portela, que destacou o traballo e a dedicación da asociación durante a época de emerxencia sanitaria, e do presidente de ASPACE Coruña, Antolín Rodríguez. Durante o acto, realizouse a lectura do manifesto por parte dos usuarios do centro.
En Amencer ASPACE realizaron un debate sobre a importancia do Día Mundial, ademais, crearon uns divertidos vídeos, nos que participaron os usuarios máis os profesionais. Se queres ver os vídeos, non dubides en facer clic no vídeo do Centro de Atención Integral Amencer-Aspace de Vilagarcía de Arousa e na peza audiovisual do Centro de Adultos Amencer-Aspace de Campolongo

 Pola tarde, ASPACE Lugo acudiu á Praza Maior para a lectura do manifiesto e a continuación, realizar unha acción de rúa colocando carteis con fotografías e historias reais de persoas con parálise cerebral para concienciar á sociedade sobre os dereitos do colectivo.
 Pola súa parte, a asociación APAMP tamén se uniu á campaña nacional en redes sociais para compartir fotos co hashtag #UnFuturoMejor, iniciativa que logrouse ser Trending Topic en Twitter, dando voz ás demandas e necesidades das persoas con parálise cerebral.
Neste día, cobra especial importancia a lectura do manifesto, que foi lido en conxunto polos usuarios das entidades de ASPACE de Galicia profundizando sobre as demandas cás persoas con parálise cerebral trasladan á sociedade.