Achégase o Día Mundial da Parálise Cerebral, que actos realízanse en Galicia?

 Este martes, 6 de outubro, persoas con parálise cerebral de ASPACE en Galicia celebran o Día Mundial da Parálise Cerebral. O movemento ASPACE desenvolveu a campaña #UnFuturoMejor, para loitar por unha reconstrucción dende o enfoque social de dereitos e alcanzar un futuro mellor para a sociedade.
.
 Pola mañán, na Xunta de Galicia entregarase á Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, o manifiesto do Día Mundial da Parálise Cerebral así como as demandas do colectivo, mentras que nas entidades ASPACE realizaranse diversas iniciativas:

 En ASPACE Coruña, o acto consistirá na lectura do manifesto por parte das persoas con parálise cerebral, contarase ademais, coa presencia do alcalde de Sada, Benito Portela, e do presidente de ASPACE Coruña, Antolín Rodríguez.

En Amencer ASPACE, los usuarios do Centro de Día Amencer – Campolongo e do Centro Educativo e de Día Princesa Letizia – Vilagarcía realizarán un debate sobre a importancia do Día Mundial da Parálise Cerebral.

Pola tarde, os usuarios de ASPACE Lugo reuniranse na Praza Maior para ler o manifesto e a continuación, realizar una acción de rúa colocando carteis con fotografías e historias reais de persoas con parálise cerebral para concienciar á sociedade da ausencia do colectivo na participación cidadán, agravada durante a pandemia.

 Este ano, o Movimento ASPACE fai un chamamento á cidadanía a través das redes sociais para que todo aquel que queira sumarse ao Día Mundial da Parálise Cerebral, poida participar. O martes, 6 de outubro, fai un cartel no que se lea #UnFuturoMejor, sácate unha foto co cartel e súbea a Twitter coa túa mensaxe de apoio, úneste?