O Programa de emprego e formación de ASPACE GALICIA deixa de prestar os seus servizos por falta de financiación

O programa que xestionaba Federación ASPACE GALICIA dende 2005 deixa de recibir a financiación que o mantiña ata a actualidade.

A formación e o emprego das persoas con parálise cerebral é unha línea de traballo prioritaria para a nosa entidade dende 2005.

O Programa de emprego e formación de ASPACE GALICIA se financiou nos últimos anos a través de diferentes convocatorias de subvencións. Sen embargo a día de hoxe, non contamos coa financiación para poder continuar co Programa a partires do 7 de outubro.

Por iso, queremos comunicar, con gran pesares pola nosa parte, que a partires dese día e, salvo que consigamos unha nova vía para a financiación necesaria, se deixase de prestar os servizos do Programa de Emprego e Formación.

Os demais servizos de Federación ASPACE GALICIA seguirán funcionando con normalidad polo que os seguiremos atendendo para calqueira outra cuestión en:

Os informaremos de calquera novidade que se poida producir.