Federaciones ASPACE de España reúnense para tratar a situación dos centros e o impacto da Covid-19

As Federacións que conforman ASPACE en España reuníronse onte por videoconferencia para abordar temas de interese para o colectivo das persoas con parálise cerebral

 

Federación ASPACE-Galicia e as Federacións de toda España tiveron unha reunión de traballo sobre o funcionamento dos centros e servizos de ASPACE. En canto á etapa actual, trataron diversas cuestións como a coordinación coas administracións públicas sanitarias, sociais e educativas, así como as instruccións e os plans de actuación nas Comunidades Autónomas en canto a prevención.

A maiores, abordaron a situación das entidades sobre a sostenibilidade económica, cómo se atopa o estado da financiación dos centros e servizos ou si se pode cubrir o sobrecoste xerado pola crise sanitaria. Outro aspecto de interese, centrarse nas necesidades das entidades para trasladar as propostas á Confederación, solicitando un estudo sobre o impacto económico no Movemento ASPACE e o impacto nas persoas con parálise cerebral e as súas familias.

 No encontro participaron os representantes das seguintes entidades: Confederación ASPACE, Federación ASPACE Andalucía, Federación ASPACE Extremadura, Federación ASPACE Comunidad Valenciana, Federación ASPACE Aragón, Federación ASPACE Asturias, ASPACE La Rioja, ASPACE Cantabria, ASPACE Baleares, Federación ASPACE Castilla y León, Federación ASPACE Castilla La Mancha, FEPCCAT (Federación Catalana)ASPACE Bizkaia.