#UnFuturoMejor polo Día Mundial da Parálise Cerebral

Baixo o lema #UnFuturoMejor, o próximo 6 de outubro, celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral co obxetivo de concienciar e informar á sociedade sobre a realidade e as necesidades das persoas con parálise cerebral

Este ano pónse en valor a necesidade de construír un futuro, onde se leve a cabo unha nova construcción social, máis xusta, máis inclusiva e con máis espacios de participación, apelando á oportunidade de construír entre todos e todas esta nova sociedade dende o enfoque social de dereitos, para que todas as persoas poidan participar por igual.

Os datos en España amosan que 1 de cada 500 persoas ten parálise cerebral, alcanzando as 120.000 persoas. A situación provocada pola crise do Covid-19 deixou unha merma na súa calidade de vida, na participación social e no exercicio dos seus dereitos, así como nos recursos das entidades que precisan de maior soporte para seguir actuando. Con iso, a pandemia deixa un escenario de maior risco para a atención e maior vulnerabilidade do colectivo e os seus familiares.

Durante a crise do Covid-19, as entidades do Movemento ASPACE demostraron a súa capacidade de resposta ante as dificultades, cuxa preocupación principal son as persoas e o compromiso social. Chegada a desescalada púxose en marcha a comisión para a reconstrucción social e económica. O CERMI presentou unhas propostas sobre o ámbito da discapacidade, que recollían aportacións de Confederación ASPACE. Se queres coñecer máis a fondo os detalles, presentámoste o Argumentario da campaña. Por certo, non te perdas o vídeo de #UnFuturoMejor!

 

Con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, queremos chegar a ser Trending Topic en Twitter. Axúdanos? O próximo 6 de outubro entre as 12:00 e as 12:30 horas, tuitea con nós #UnFuturoMejor

Que debes facer? Fai un cartel no que se lea #UnFuturoMejor. Sácate unha foto co cartel e sobe a imaxe a Twitter coa túa mensaxe de apoio.

A incertenza ocasionada pola pandemia amosou a inmensa solidaridade ciudadán pero tamén reflexou as carencias do noso sistema, que afectaron de maneira importante ás persoas con parálise cerebral. Sen embargo, con iso xorde unha nova oportunidade para construír #UnFuturoMejor. Ùnete ao Movemento ASPACE!

Quen forma o Movemento ASPACE?

Representado por Confederación ASPACE, o movemento conta con 85 entidades, 230 centros de atención, 20.700 persoas asociadas, máis de 8.000 persoas atendidas, 5.300 profesionais e preto de 1.700 persoas voluntarias. O movemento ASPACE loita por unha reconstrucción social poñendo en primeiro lugar as necesidades das persoas e compartindo a esencia solidaria do Movemento Asociativo.