Alberto Pardo, usuario do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE-Galicia, será ponente no Congreso do Día Mundial da Parálise Cerebral

Un ano máis, Confederación ASPACE organiza o Congreso do Día Mundial da Parálise Cerebral, que se realizará do 5 ao 9 de outubro, este ano de maneira online

Alberto Pardo, usuario do Programa de Emprego e Formación de Federación ASPACE-Galicia, participará como ponente no seminario web “El Teletrabajo, como fórmula de inserción laboral en el colectivo de personas con parálisis cerebral”. A súa intervención será o vernes, 9 de outubro, a partires das 10:30 horas. Na charla, os profesionais exporán o impacto da coxuntura sanitaria e económica actual no emprego das persoas con parálise cerebral. Ademais, abordarase o teletraballo como unha fórmula esencial de acceso ao emprego do colectivo e se mostrarán as reivindicacións trasladadas dende ASPACE á regulación normativa do teletraballo. A maiores, haberá unha mesa de experiencias de persoas con parálise cerebral.

Este ano, debido ás circunstancias actuais, o Congreso do Día Mundial da Parálise Cerebral que serve de formación e reflexión sobre temas de interese para as persoas con parálise cerebral, as súas familias e os equipos de profesionais do Movemento ASPACE realizarase de maneira online, sendo todas as accións gratuítas.

Cal é o programa do Congreso? 

Cada día celébrase unha mesa redonda. A continuación, presentamos a programación do Congreso do Día Mundial da Parálise Cerebral 2020.

  • 5 de outubro: Participación cidadá das persoas con parálise cerebral en tempos de distancia social. De 10:30 a 12:30 horas.
  • 6 de outubro: A educación en persoas con grandes necesidades de apoio. De 16:30 a 18:30 horas.
  • 7 de outubro: O sobrecoste e o sobre-impacto da pandemia nas familias de persoas con parálise cerebral. De 10:30 a 12:30 horas.
  • 8 de outubro: Principios da accesibilidade cognitiva no Movemento ASPACE. De 10:30 a 12:30 horas.
  • 9 de outubro: O Teletraballo, como fórmula de inserción laboral no colectivo de persoas con parálise cerebral. De 10:30 a 12:30 horas.

Como podo inscribirme?

O prazo de inscrición xa está aberto! Podes anotarte ata a realización do evento ou ata completar o número máximo de participantes (1.000 inscritos por cada mesa redonda). Recorda que cada seminario ten o seu propio enlace de inscrición e cada participante deberá inscribirse de forma independiente ó evento no que quiera participar. Unha vez inscrito, a persoa recibirá un correo electrónico cun enlace, que será necesario para poder acceder ó seminario o día no que se desenvolva.

Se queres coñecer de forma máis concreta os contidos de cada día, os poñentes, así como acceder ós enlaces de inscrición, a información está dispoñible na  programación do Congreso.

Para a realización dos seminarios utilízase a plataforma virtual Zoom. Para poder empregala é necesario descargar gratuítamente a aplicación e instalala no ordenador, tablet ou smartphone. Dende Confederación ASPACE crearon unha Guía de uso de Zoom, para facilitar o acceso ao Congreso Virtual. Anímate e elixe os seminarios que máis che interesen!