20 anos imparables en Federación ASPACE-Galicia!

Pola clausura do 20 aniversario de Federación ASPACE-Galicia, a entidade realizou un vídeo coa participación de profesionais e usuarios/as das asociacións de ASPACE en Galicia

 

 

Federación ASPACE-Galicia nace en 1999, dende a súa orixe logrou grandes avances polo traballo e a motivación das persoas implicadas: as familias, os profesionais, as entidades… Esos desexos de conseguir grandes logros para o colectivo das persoas con parálise cerebral convertíronse en realidade e queremos compartir esas lembranzas con vós.

O vídeo co título “20 años imparables” non sería posible sen a participación das entidades que forman ASPACE en Galicia: Amencer-ASPACE, APAMP (Vigo), ASPACE Coruña e ASPACE-Lugo. Grazas a súa colaboración, faremos un percorrido na historia para saber como foi a orixe de ASPACE-Galicia, cales foron os momentos más importantes de Federación, con que outras entidades mantén contacto e que retos quedan por cumprir.

Ponte cómodo/a e disfruta do vídeo.

Comezamos!