O 6 de xullo reanúdanse as citas presenciais de orientación laboral en Federación ASPACE-Galicia

Para acudir ao servizo de orientación laboral é imprescindible solicitar cita previa

 

A partir do próximo luns, 6 de xullo, reanúdanse as citas presencias de orientación laboral de Federación ASPACE-Galicia. Para acudir ao servizo é imprescindible solicitar cita previa, sendo solicitada a través do número de teléfono 665.735.600 ou por correo electrónico orientacion@aspacegalicia.org

A atención será ofrecida de maneira individual, levando a cabo as medidas de protección necesarias recomendadas dende Sanidade. Por iso, é importante que acudáis provistos de mascarilla. Tanto as instalacións coma os profesionais cumpren estrictamente cos protocolos hixiénicos e sanitarios necesarios para velar pola saúde das persoas que asisten ao servizo.

Durante o Estado de Alarma, o servizo realizouse de maneira telemática atendendo aos usuarios do programa por teléfono ou a través do correo electrónico.