Presentamos a Memoria do 2019 de Federación ASPACE-Galicia!

Xa está aquí! Traemos a Memoria Anual para recordar que pasou o ano pasado en Federación ASPACE-Galicia!

 

Descobre os eventos, proxectos e actividades desenvolvidos por ASPACE-Galicia ao longo do 2019. Presentámoste á Xunta Directiva e que facemos dende Federación en colaboración coas entidades membro. Ademais, mostrámoste cales son os servizos e programas que levamos a cabo, tanto no ámbito de información e asesoramento, como en comunicación e sensibilización.

Aínda hai máis que contar! Facemos un repaso polas diferentes celebracións que realizamos en 2019, como o evento polo XX Aniversario de ASPACE-Galicia, o Día Internacional da Parálise Cerebral, o III Encontro de Familias ASPACE e o V Concurso de Cociña “En ASPACE Cociñamos Xuntos”.

Coñece o apartado de emprego e formación para facilitar a integración sociolaboral das persoas con parálise cerebral, así como o contido de formación e fortalecemento institucional coas accións realizadas co Trituguay, para fomenta-la alimentación segura e eficaz.

Pero esto non é todo! Dalle ao click para descubrir o que falta, os encantará! Máis información sobre a Memoria Anual de Federación ASPACE-Galicia.