As oficinas de emprego en Galicia reabren a partir do 1 de xullo

O horario de atención presencial será de 9:00 a 14:00 horas e se necesitará solicitar cita previa

 

A partir do vindeiro 1 de xullo, as oficinas de emprego en Galicia reabrirán tralo periodo de confinamento e as sucesivas desescaladas a causa do COVID-19. Segundo informa a Xunta de Galicia, para garantir unha apertura en plenas condicións de seguridade e un adecuado control de acceso e aforo, a atención presencial realizarase de 9:00 a 14:00 horas, sendo necesario solicitar cita previa.

As citas poderanse conseguir dende a última semana de xunio a través do Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal) ou do servizo de atención telefónica 012. A maiores, a renovación automática da demanda esténdese ata o 30 de setembro para evitar desprazamentos.

A través do Portal de Emprego e a aplicación Mobem poderá acceder aos servzos non presenciais como información de cursos de formación, inscripción de ofertas de traballo, así como unha titorización dixital para persoas demandantes e vídeos con información sobre ferramentas e servizos telemáticos.

Para máis información, anímate a entrar no seguinte enlace.