Necesitas asesoramento legal? En Federación ASPACE-Galicia defendémo-los dereitos das persoas con parálise cerebral

Presentamos o servizo de Asesoría Xurídica de Federación Aspace-Galicia

 

Dende Federación ASPACE-Galicia poñemos en marcha un servizo de asesoría xurídica que poida funcionar coma unha área de denuncia ante as situacións de discriminación que o colectivo das persoas con parálise cerebral e outras discapacidades afíns, os seus familiares e os profesionais das entidades poidan padecer.

Os destinatarios que desexen empregar este servizo, deberán trasladar as súas dúbidas e demandas, a través dos servizos de traballo social das súas entidades de referencia.

 

Para máis información, non dubides en visita a nosa sección de asesoramento legal.