Así foi o IV Encontro de Profesionais Aspace Galicia

Un evento moi enriquecedor, onde os profesionais de Federación e das asociacións de Aspace Galicia presentaron o traballo realizado en cada campo durante o 2019, así coma os obxectivos de cara a este 2020

O pasado 5 de marzo, os profesionais de Federación Aspace Galicia xuntámonos no IV Encontro de Profesionais. Neste evento celebrado na Diputación de Pontevedra, ademais de presentar o traballo realizado por Federación Aspace Galicia no 2019, algúns dos nosos profesionais impartiron ponencias contándonos as boas prácticas no seu traballo.

Preparamos un vídeo-resumo para que non perdas detalle do que aconteceu nesa xornada, dalle ao play!

Se quedaches con ganas e apetéceche saber máis de cada campo, aquí están os vídeos de cada unha das ponencias, recomendamos que estés pongas cómodx e disfrutes!

Marco Sexolóxico, ferramenta de intimidade e presentación do protocolo de intimidade de APAMP.

A figura do consello asesor en APAMP.

Protocolo do proceso de envellecemento en persoas con parálise cerebral. Necesidades e expectativas.

Presentación do borrador do protocolo de valoración da alimentación en persoas con parálise cerebral.

Presentación da guía: “Apostando polo emprego na parálise cerebral”, de Confederación Aspace.

Presentación dos novos elementos de comunicación de Aspace Galicia.