As videochamadas chegaron para quedarse, aprende como seguir conectado cos teus!

 

Co confinamento, un dos aspectos máis difíciles é non poder estar en contacto coa familia e cos amigos. Coa tecnoloxía podemos comunicarnos e sentirnos máis preto das persoas que nos importan.

A continuación, mostrámoste os videotutoriais realizados por Federación ASPACE-Galicia para seguir conectados coas persoas que che importan.

Whatsapp

Con esta aplicación poderás chatear en conversacións privadas ou grupais. A opción de chamadas ou videochamadas non se pode realizar dende o ordenador, estando disponible únicamente dende o móbil.

Neste vídeo, imos a ensinarvos que pasos debedes seguir para facer unha videochamada a través da aplicación móbil de WhatsApp.

Skype

É unha plataforma que permite realizar chamadas e videochamadas de maneira gratuíta. Se non tes unha conta podes descarga-la aplicación para o teu ordenador, o programa tamén está dispoñible para móbiles en App Store e Google Play.

Neste vídeo, imos a mostrarte como facer videochamadas dende a aplicación móbil. Dalle ao play!

A continuación, amosámoste como realizar videochamadas por Skype no ordenador.

Google Hangouts

Tes unha conta de Gmail? pois entón dispoñes desta aplicación chamada Hangouts, que te permitirá realizar videochamadadas tanto dende o móvil como dende o ordenador. Recorda! Tódolos participantes necesitan ter unha conta de Gmail ou de Google.

Para facer videochamadas dende a aplicación móbil é necesario baixar a aplicación de Hangouts. Dentro vídeo!

Neste vídeo, ensinarémoste como acceder a Hangouts dende o navegador do teu ordenador e facer unha chamada co contacto que ti queiras.